24 may 2012

Protesta fronte ao carcere de A Lama (crónica e fotos)


O pasado sábado unha trintena de solidarios percorreron a pé a distancia que separa o pobo pontevedrés de A Lama do centro penitenciario que ensucía o seu nome, amosando así o rexeitamento a tan nefasta institución represora.Malia o fustrigamento tanto da persistente chuvia coma do importante despregamento da garda civil, que impediu aos manifestantes acceder en coche ás proximidades do talego (de aí a longa marcha pasada por auga), o modesto pero combativo continxente antirrepresivo conseguiu chegar ata a entrada do recinto, onde, despregadas as súas pancartas, berraron consignas anti-carcerarias e mensaxes de animo para os reclusos.

Pasadas as tres da tarde, e non sen antes ser identificados todos os participantes polos picoletos acoirazados que os vixiaban, deuse por finalizado o acto. A represión desatada neste presidio contra os participantes da campaña antirrepresiva que agora mesmo se desenvolve tras os muros das cadeas do estado (aquí nova relacionada neste blog), foi visibilizada, aínda de forma modesta, polos solidarios que están fóra.

Noticia elaborada por C.R. a tarvés de testemuños directos da protesta.










No hay comentarios:

Publicar un comentario