9 jun 2012

Algunhas sabotaxes recentes en Galiza

As últimas semanas, polo que se ve, foron prolíficas en sabotaxes por estas terras galegas, pois se onte un artefacto explosivo caseiro causaba danos na sede do P.P. de Ribadumia, durante os dous días anteriores preto dun centenar de camións madeireiros sufriron picadas de rodas, mentres que unha semana antes un artefacto pirotécnico danaba un coche dun directivo de Einsa en As Pontes.

A pequena bomba caseira que estoupou ás catro da madrugada de onte na sede do Partido Popular de Ribadumia estaba composta por varias botellas de cámping gas. A deflagración causou danos na fiestra do local así como no seu interior. Polo que nós sabemos, non se coñecen ata agora reivindicación ningunha do feito nin atribución por parte das autoridades a ningún grupo ou tendencia.

Durante os últimos días realizáronse numerosas sabotaxes a camións de transporte de madeira no norte de Galiza. Segundo a prensa comercial roldarían a centena os vehiculos destas caracteristicas aos que lles picaron as rodas entre as comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra. Estas sabotaxes incluirían a queima dun camión preto de Moeche, segundo o publicado por Galizalivre.
Aínda que as motivacións desta vaga de sabotaxes non están de todo claras, especúlase coa súa posible relación coa folga Asturiana.

Por último, a finais do pasado mes de maio, unha pequena explosión causaba danos no coche dun directivo da empresa Einsa en As Pontes. Dous petardos metidos en tubos (dos cales só un explotou) colocados na roda do vehículo detonaban ás tres da madrugada do día 29.
A empresa atopase no medio dun conflito laboral co despedimento de 29 traballadores e recortes salariais para o resto, que están en folga. O coche doutro directivo sufriu tamén picadas en tres das súas rodas.

Nova redactada por C.R. a través da información atopada en Galizalivre (aquí, aquí e aquí) e na prensa comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario